O Concello de Ames organizará o domingo 2 de abril de 2023 a IV edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre. A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail-Running e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.
INSCRICIÓN: Ata o 29 de marzo de 2023 ás 23:59h.
RECOLLIDA DE DORSAIS: Os dorsais tanto para a Andaina como para o Trail poderán recollerse o día do trail a partir das 08.15 horas nas instalacións do Real Aeroclub – Ames.
TRANSPORTE EN AUTOBÚS AO PUNTO DE SAIDA DO TRAIL E ANDAINA: Tanto na Andaina coma no Trail, trasladarase aos participantes desde o punto de meta (Real Aeroclub en Ameixenda ao punto de saída das probas (Ponte Maceira).