Santiago de Compostela, sábado 08 xuño 2019

IV MILLA DO DEPORTE SOLIDARIO

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
MILLA MÁSTER 23 inscritos 19:30 1,61 km 07/06/2019 2,00 plazas
MILLA SUB 23-SEN 13 inscritos 19:15 1,61 km 07/06/2019 2,00 plazas
MILLA SUB 18 E SUB 20 2 inscritos 19:00 1,61 km 07/06/2019 2,00 plazas
MILLA SUB 14 E SUB 16 9 inscritos 18:45 1,61 km 07/06/2019 0,00 plazas
SUB 10 E SUB 12 27 inscritos 18:30 1 km 07/06/2019 0,00 plazas
PREBENXAMÍN 17 inscritos 18:15 0,4 km 07/06/2019 0,00 plazas
BIBERÓN /FAMILIAR 42 inscritos 18:00 0,1 km 07/06/2019 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 133 inscritos
Con motivo da celebración do V Día do Deporte Solidario, o Centro Comercial Area Central organizará, dentro da súa programación do día, a IV edición da Milla Popular Solidaria o sábado 8 de xuño de 2019, proba aberta a atletas federados e non federados.
Toda a recadación irá destinada a CRUZ VERMELLA, organización que traballa en Galicia desde 1870, adaptándose ás necesidades das persoas máis vulnerables da comunidade e implicando á cidadanía nas urxencias nacionais e internacionais e nas necesidades da poboación en todos os lugares do mundo. 
As probas levaranse desde a Praza de Europa en Área Central a partir das 18:00 horas e estarán baixo o control técnico do Comité de Xuices da Federación Gallega de Atletismo.  

INSCRICIÓNS: ata o xoves 6 de xuño ás 23.59 horas.
* DONACIÓN SOLIDARIA NA RECOLLIDA DO DORSAL DE TODAS AS CATEGORÍAS como mínimo de 2 €

PREMIOS E AGASALLOS
* Os tres primeiros clasificados e clasificadas de cada milla (agás na proba de biberóns país - nais) recibirán na entrega final de premios do día do Deporte Solidario unha medalla e un diploma “SOLIDARIO”, acto que se fará conxuntamente con outros regalos do Día do Deporte Solidario.
* Os 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría (excepto biberóns) recibirán un vale de desconto en material deportivo do seguinte xeito:
  1º Clasificada/o – Vale dun 50% de descontó en material deportivo;
  2º Clasificada/o – Vale dun 40% de descontó en material deportivo;
  3º Clasificada/o – Vale dun 30% de descontó en material deportivo;
* TODOS OS ATLETAS QUE LOGREN REMATAR A SÚA PROBA RECIBIRÁN UN VALE DE DESCONTO DUN 20% EN MATERIAL DEPORTIVO EN CALQUERA TENDA DE CENTRO DEPORTIVO SANTIAGO.
Asi mesmo, e unha vez rematada a proba, todo aquel que o requira, realizaraselle un diploma solidario co tempo empregado na súa proba. Terá que solicitalo no em@il marketing@areacentral.es