A Coruña, sábado 13 decembro 2014

IV CROSS PARQUE DOS MENHIRES

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
MASCULINA ABSOLUTA 217 inscritos 12:05 8,03 km 11/12/2014 3,00 300 plazas
FEMININA ABSOLUTA 72 inscritos 12:08 5,39 km 11/12/2014 3,00 300 plazas
MASCULINA XUVENIL 28 inscritos 11:40 2,79 km 11/12/2014 0,00 plazas
FEMININA XUVENIL 33 inscritos 11:30 1,69 km 11/12/2014 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 350 inscritos
Os clubs coruñeses de atletismo, RIAZOR CORUÑA e MARINEDA ATLETICO, coa colaboración da DEPUTACION DÁ CORUÑA. CONCELLO DÁ CORUÑA, XUNTA DE GALICIA e FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO organizarán o próximo 13 de Decembro na Torre de Hércules, o IV Cross parque dos Menhires, que este ano coincide coa segunda fase local de campo a través do deporte Escolar da zona da Coruña.

INSCRICIÓNS
As inscricións para as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete realizaranse a través da páxina web da Federación Española de Atletismo (https://isis.rfea.es/sirfea2/rfea.asp) para o que será necesario a clave de acceso de cada entidade. Nas devanditas categorías só poderán participar atletas dados de alta no programa XOGADE da Xunta de Galicia.

As inscricións para as categorías xuvenil e superiores poderá realizarse ata 20:00h do xoves 11 de Decembro de 2014. O límite de participantes por carreira é de 500. 

DORSAIS
Para as carreiras de adultos recolleranse o venres día 12 na TENDA DE DEPORTES "SOLO RUNNERES" (Encóntrase na praza de Mestre Mateo)
de 17:00 e as 20:30 e o mesmo día da carreira dende as 9:45 ata as 11:30

Todos os dorsais dos menores, recolleraos o delegado de cada club 45 minutos antes da primeira carreira de menores. 9:45 AM

PREMIOS
  • Entregarase un trofeo ao Club con maior número de atletas na competición e aos tres primeiros de cada categoría
  • Premio para o vencedor e a vencedora da carreira absoluta masculina e feminina.
Entre os corredores das carreiras de maiores que retiren o seu número na tenda de deportes "SOLO RUNNERS" sortearanse dous pares de zapatillas e entre todos os corredores 5 regalos.
Así mesmo durante a semana posterior á carreira todo aquel corredor da carreira absoluta masculina ou feminina terá un desconto de 20% en tenda.