Ribadavia , sábado 23 decembro 2017

IV CARREIRA POPULAR DE RIBADAVIA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
SUB 23 - SEN - MÁSTER 182 inscritos 16:30 9 km 20/12/2017 5,00 plazas
SUB 18 - SUB 20 9 inscritos 16:30 9 km 20/12/2017 0,00 plazas
SUB 14 - SUB 16 12 inscritos 16:15 2 km 20/12/2017 0,00 plazas
SUB 10 - SUB 12 29 inscritos 16:05 1 km 20/12/2017 0,00 plazas
PITUFOS 15 inscritos 16:00 0,1 km 20/12/2017 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 247 inscritos

O Concello de Ribadavia coa colaboración do Club Deportivo Aurum e da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo organiza a IV Carreira Popular de Ribadavia, que se celebrará o sábado 23 de decembro de 2017 no Concello de Ribadavia.

  • Esta proba pertence ó Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA - Delegación en Ourense.
  • Poderán participar atletas federados e atletas populares. Realizarase unha clasificación conxunta. 
Inscricións: ata as 20:00 horas do mércores 20 de decembro de 2017.
Retirada de dorsais e chips: A retirada de dorsais e chips realizarase na secretaría de competición sita no baixo da Casa do Concello de Ribadavia (Praza Maior) dende as 15:00 h. do día da competición e ata 10 min. antes de cada proba.
Premios:
  • Todos/as os/as participantes da categoría Pitufos recibirán unha medalla ó rematar a súa participación na proba.
  • Os/as tres primeiros/as clasificados/as de todas as categorías (agás Absoluta) recibirán unha medalla.
  • Os/as tres primeiros/as clasificados/as da categoría Absoluta recibirán un trofeo.