Rianxo, martes 01 novembro 2016

IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE RIANXO. IV CIRCUÍTO CARREIRAS POPULARES DEP. PROVINCIAL A CORUÑA. I CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES AROUSA NORTE

O Concello de Rianxo e o Club Atletismo Rianxo organizan a IV Carreira Popular Concello de Rianxo, o martes 1 de novembro de 2016. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos:
  • IV Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña.
  • Circuíto Carreiras Populares Arousa Norte, promovido e organizado polos Concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Riveira.
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de xuíces da Federación Galega de Atletismo.