Castro de Rei, domingo 09 xaneiro 2022

IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CASTRO DE REI

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 14.6K 236 inscritos 10:30 14,6 km 04/01/2022 4,00 500 plazas
SUB 16-18 13 inscritos 12:35 2 km 04/01/2022 0,00 plazas
SUB 14 21 inscritos 12:35 2 km 04/01/2022 0,00 plazas
SUB 12 40 inscritos 12:25 1 km 04/01/2022 0,00 plazas
PROMOCIÓN 45 inscritos 12:20 0,6 km 04/01/2022 0,00 plazas
PITUFOS 29 inscritos 12:15 0,15 km 04/01/2022 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 384 inscritos

O Concello de Castro de Rei organiza a IV Carreira Popular Concello Castro de Rei. A proba celebrarase o vindeiro Domingo 9 de Xaneiro, con saída na Casa do Concello e discorrerá por vías da Deputación de Lugo. A meta será no Campo da Feira de Castro Riberas de Lea.

A Carreira cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do protocolo FÍSICOVID–DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID19 que establezan as autoridades sanitarias en cada momento. Polo que a organización, por causas de forza maior, reservaranse o dereito de realizar os cambios que sexan necesarios.

A saída da proba será no núcleo de Castro de Rei, dende a casa do Concello, e a meta en Castro Riberas de Lea. A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un servicio de autobuses para trasladar aos deportistas dende o Pavillón municipal de Castro Riberas de Lea ata á saída na Casa do Concello de Castro de Rei.

RETIRADA DE DORSAIS
Para retirar o dorsal cada participante deberá amosar o certificado  de vacinación COVID-19 ou a aportación do certificado da realización dun test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72 h. á celebración da proba ou ben a aportación de certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19 nun período comprendido entre os 11 e os 180 días anteriores a celebración da proba.

Para a recollida de dorsais de menores (Pitufo, Promoción, Sub 12 e Sub 14) será precisa a: Declaración responsable dos menores (Aquí) 

SÁBADO: na tenda “Deportes A Chaira” en Salvador Madariaga Nº2 de Lugo
DOMINGO:  dende as 9h ata as 10h no Pavillón Deportes de Castro Riberas de Lea e a partir das 10.15h na Praza de Galicia de Castro Riberas de Lea (META)