O Concello de A Veiga, en colaboración coa Delegación da F.G.A en Valdeorras e o Club ADAS, organizan a IVª CARREIRA E ANDAINA POPULAR TREVINCA - A VEIGA, que se desenrolará o vindeiro 18 de agosto do 2018, a partir das 19.00 h.
SAIDA e META estará situada na Praza do Concello de A Veiga.
INSCRICIÓNS: ata as 23.59 h. do 16 de agosto.
RETIRADA DE DORSAIS: realizarase na secretaría habilitada para tal fin, na Praza do Concello de A Veiga, de 17.00 h. a 18.30 h. para a andaina e de 18 a 19:30h para a carreira.
HORARIOS
19.00H ANDAINA POPULAR 8.000 M
20.00H CARREIRA POPULAR 6.000 M 2 voltas
20.00H SUB 16 MASC. e FEM. 2003 e 2004 3000M 1 volta
20.45H SUB 14 MASC. e FEM. 2005 e 2006 600 M
20.50H SUB 12 MASC. e FEM. 2007 e 2008 500 M
20.55H SUB 10 MASC. e FEM. 2009 e 2010 300 M
21.00H PREBENXAMÍNS MASC.e FEM. 2011 e anteriores 150 M
21.10H ENTREGA DE TROFEOS
PREMIOS
- Haberá trofeo os 3 primeiros clasificados da Carreira Popular masculina e feminina.
- Haberá trofeo para o primeiro, segundo e o terceiro clasificado nas seguintes categorías: Sub18-20, Sub 23-Sen, Máster A-B-C-D-E masculino e feminino.
- Haberá trofeo para o primeiro atleta local masculino e feminino.
- Nas carreiras de Sub 16, Sub 14, Sub 12, Sub 10 e Prebenxamíns entregaranse medallas para tódolos participantes ata chegar os 15 primeiros de cada categoría.
- Os trofeos non serán acumulativos.