O Concello de Trazo organiza coa colaboración da Federación Galega de Atletismo esta proba dende fai 3 anos. Nestes primeiros anos o carácter lúdico da mesma era pé fundamental xunto co fomento do deporte. O primeiro ben dado polas datas do Entroido nas que ten lugar a proba e o segundo foi en aumento.
Para manter o carácter lúdico realizarase unha carreira con distintas categorías nas que é obrigatorio participar disfrazado.
No caso do obxectivo deportivo, este ano contamos co TRILLAZO (3 millas de Trazo), que ten un percorrido polas inmediacións de Viaño Pequeno (lugar de comezo e fin da proba). Cunha superficie mixta de asfalto e pista forestal. Nesta proba non é imprescindible ir disfrazado
LUGAR DA SAÍDA E CHEGADA: Nas inmediacións do Concello de Trazo, Viaño Pequeno-Trazo
(ligazón) INSCRICIÓNS: As inscricións na proba serán gratuítas para todas as categorías. A data límite de inscrición será o xoves 28 de febreiro de 2019 ás 23:59h (Prazo ampliado)
CONTROL DE CHEGADA: O cronometraxe correrá a cargo da Federación Galega de Atletismo. Tódalas reclamacións deberán realizarse verbalmente ao Xuíz Árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais.