A Fundación Cidade da Cultura de Galicia organizará, o sábado 4 de xuño de 2022, a cuarta edición da Carreira Holi Gaiás, unha proba lúdica que empregará polvos certificados Holi Gulal de cores durante o percorrido, así como animación tanto antes como despois da mesma.
- Poderán participar atletas federados e non federados. As probas estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces (Federación Galega de Atletismo).
- A saída e meta da proba será na Cidade da Cultura (Praza Central).
- A hora de inicio da carreira será ás 11 h na Cidade da Cultura.
INSCRICIÓNS: Ata o mércores 1 de xuño ás 23:59 h.