Santiago de Compostela, domingo 30 marzo 2014

In real time run with Ethiopia

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
Inscrición finalizada Total: 0 inscritos

Ábrese o período de inscricións ata as 20:00 horas do día de hoxe. (27/03/2014). Non serán admitidas baixo ningún concepto ningunha inscrición posterior á devandita data, nin tampouco o mesmo día da competición.

RESUMO DO REGULAMENTO

ONG ABAY Asociación para o desenvolvemento en Etiopía, Club de Atletismo Millaraio e Club Atletismo Santiago, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e o Departamento de Deportes do Concello de Santiago

I Edición dunha Carreira en tempo real que se celebra en Etiopía e varias cidades de España ao mesmo tempo, todos cun mesmo obxectivo, recadar fondos para os proxectos que desenvolve a ONG Abay en Walmara, rexión de Oromia, Etiopía.

LUGAR: ESTADIO MULTIÚSOS DE SAN LÁZARO. SANTIAGO DE COMPOSTELA
CONTROL TÉCNICO: COMITÉ GALEGO DE XUÍCES DA FGA. 
CRONOMETRAXE E CONTROL DA PROBA: A cronometraxe correrá a cargo da Federación Galega de Atletismo. Empregarase na proba xuvenil e absoluta un chip que irá situado na parte posterior do número de competición.

CATEGORÍAS
Masculina e Feminina
Prebenxamín: nacidos en 2007-2008
Benxamín: nacidos en 2005-2006
Alevín: nacidos en 2003-2004
Infantil: nacidos en 2001-2002
Cadetes: nacidos en 1999-2000
Xuvenís: nacidos en 1997-1998
Júnior-Promesa: nacidos entre 1992 e 1996
Sénior: nacidos entre 1991 e 1980
Veterano A: nacidos entre 1969 e 1979
Veterano B: nacidos entre 1959 e 1968
Veterano C: nacidos en 1958 e anteriores

DISTANCIAS E HORARIOS
10:00h: Proba Absoluta: Xuvenil, Júnior-Promesa, Sénior, Veteranos: 10 km
11:30 h: Prebenxamíns: 300 m (aprox)
11:40 h: Benxamíns: 600 m (aprox)
11:50 h: Alevines: 1.645 m (aprox)
12:15 h: Infantís e Cadetes: 2.520 m (aprox)
13:00 h: Entrega premios

A saída e meta estarán situadas na pista de atletismo do Estadio Multiúsos de San Lázaro, debendo situarse os atletas na zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada proba.
As carreiras poderán ser separadas por sexo se o n.º de inscritos así o aconsellase e sempre a criterio do xuíz-árbitro da competición.

INSCRICIÓNS Para grupos / clubs de atletismo existe a posibilidade de inscrición realizando o pagamento a través de transferencia bancaria ao n.º de conta da Federación Galega de Atletismo de La Caixa n.º 2100 1453 21 0200219859 e remitindo á vez a relación de atletas ao correo electrónico FGAsantiago@gmail.com, na cal deberán constar os datos do club e a relación de atletas co nome, apelidos, DNI (se o ten), data de nacemento, club, n.º de licenza (se a ten), localidade de procedencia e teléfono de contacto de cada un deles. Deberase remitir tamén a copia do xustificante de pagamento xunto á devandita relación.

Por tratarse dunha carreira solidaria en beneficio da ONG Abay, asociación polo desenvolvemento en Etiopía, as inscricións serán a través da achega dun donativo de 7 euros para as categorías de Juvenil (este incluído) en diante e de 3 euros nas demais categorías.
Este donativo irá destinado integramente aos proxectos que realiza a ONG Abay na rexión de Walmara, Etiopía. Poden consultar calquera dato referente á asociación no enlace www.asociacionabay.org ou na páxina web do evento inrealtimeabay.com/.
Twitter: @InRealTimeAbay
Facebook:https://facebook.com/inrealtimeabay

Ademais de forma voluntaria, existe a posibilidade de facer donativos adicionais e consultar información sobre a ONG Abay na mesa que a asociación terá na zona de entrega de números.

MOI IMPORTANTE: A data tope de recepción de inscricións será o XOVES 27 DE MARZO ás 14:00 horas, non admitíndose baixo ningún concepto ningunha inscrición posterior á devandita data, nin tampouco o mesmo día da competición.

AVITUALLAMENTO E DUCHAS
Ao finalizar a proba entregarase avituallamento líquido + sólido.
As persoas que o desexen poderán utilizar as duchas do estadio multiúsos de San Lázaro.

RECOLLIDA DE NÚMEROS:
No Corte Inglés de Santiago, o venres 28 de Marzo de 11:00 a 15:00 h e de 17:00 a 21:00 horas (no departamento de Deportes situado na planta baixa do Centro).
O mesmo día da proba no lugar da saída a partir das 8:30 horas e ata 30' antes do inicio de cada competición.

No momento de recollida do número, entregaranse camisetas técnicas conmemorativas da I Edición da Carreira in real estafe- Run with Ethiopia aos primeiros 600 inscritos (todas as categorías, talles das camisetas en función da dispoñibilidade no momento de retirada do número)

A organización invita os atletas a utilizar a camiseta conmemorativa para correr e agradécelles de antemán a súa colaboración.