Cariño, sábado 12 maio 2018

III VOLTA O MAZANTEU

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 44 inscritos 11:30 7,4 km 11/05/2018 4,00 plazas
SUB 18/16 0 inscritos 13:40 2,1 km 11/05/2018 0,00 plazas
SUB 14 2 inscritos 13:20 1,4 km 11/05/2018 0,00 plazas
SUB 12 4 inscritos 13:10 0,9 km 11/05/2018 0,00 plazas
SUB 10 12 inscritos 13:00 0,3 km 11/05/2018 0,00 plazas
PREBENXAMÍN 10 inscritos 12:50 0,15 km 11/05/2018 0,00 plazas
PITUFOS 9 inscritos 12:40 0,05 km 11/05/2018 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 81 inscritos
A  proba  está organizada polo Servizo de Deportes do concello de Cariño sendo unha “proba oficial da FGA con distancia no homologada”. Colaboran ou patrocinan esta proba a Deputación provincial da Coruña, a FGA, o club ciclista Cariño, Atmosfera Cero, Arthros Fisioterapia e Vegalsa.
Con esta proba pretendese crear e fomentar un hábito de vida saudable entre a poboación, abandonando o sedentarismo, previndo e reducindo a incidencia das súas enfermidades asociadas, y ofrecendo a posibilidade de ocupar de forma saudable o seu tempo de ocio.

Esta proba forma parte de do  3º Circuíto Corre polo Norte”  organizado polos concelleiros de deportes dos concellos de  Cariño, Cedeira, Ortigueira, Mañón,  Moeche, Cerdido e Valdoviño, así como polas empresas Prueba-t e Ranckr.

Vaise celebrar o sábado 12 de maio, dende as 11:30 ata 14:00 horas, coa saída no Paseo marítimo de Cariño e o recorrido é de 7400 metros arredor do monte Mazanteu, por asfalto e pistas de terra. Ademais vanse celebrar diferentes categorías con distintas distancias a percorrer e que son as seguintes: 

Inscrición: Faranse ata ás 15:00 horas do venres 11 de maio (Prazo ampliado) Non poderán tramitarse inscricións o mesmo día. 
Retirada de dorsais: Os dorsais  poderán  retirarse  o mesmo sábado na saída (cobertizo do paseo marítimo) ata media hora antes da proba. 
Servizo de avituallamento e aseos: A organización asegurará a provisión de bebidas aptas e alimentos sólidos para a práctica deportiva na meta e en puntos intermedios das probas. Os participantes  poden ducharse no polideportivo municipal que se atopa a 1 km da zona de chegada.