O Concello de Ames organizará o domingo 20 de febrero de 2022 a III edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre. A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail-Running e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.
RECOLLIDA DE DORSAIS: Os dorsais tanto para a Andaina como para o Trail poderán recollerse o día do trail a partir das 8.30 horas nas instalacións do Real Aeroclub – Ames.
Para a participación e a entrega do dorsal, será imprescindible amosar o certificado de vacinación COVID ou a aportación do certificado da realización dun test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72 h á celebración da proba ou ben a aportación de certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19 nun período comprendido entre os 11 e os 180 días anteriores a celebración da proba. Calquera dunha destas tres condicións deberá ser amosada á organización no momento da recollida do dorsal
PREMIOS e AGASALLOS
Estableceranse ademáis os seguintes premios e agasallos:
- Premios aos 3 primeiros/as clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento.
- Premios aos 3 primeiros clubes da clasificación do Trail.
- AGASALLO TÉCNICO pola súa participación tanto para os participantes no Trail como na Andaina (poderán recollelo xunto o dorsal de competición antes de coller os autobuses).