Monterroso, martes 31 decembro 2019

III SAN SILVESTRE CONCELLO DE MONTERROSO 2019

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ADULTOS 4,5K 225 inscritos 17:00 4,5 km 28/12/2019 0,00 plazas
SUB 12, 14 E 16 31 inscritos 16:45 1 km 28/12/2019 0,00 plazas
PROMOCIÓN 43 inscritos 16:35 0,4 km 28/12/2019 0,00 plazas
PITUFO 43 inscritos 16:30 0,15 km 28/12/2019 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 342 inscritos

O Concello de Monterroso organiza a III San Silvestre de Monterroso. A proba organizarase o vindeiro martes 31 de decembro, con saída e meta na cúpula e discorrerá por distintas rúas da vila. A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non.

Inscrición: A inscrición pecharase o SÁBADO 28 de decembro ás 23:59 horas.
A proba terá carácter SOLIDARIO sendo os dereitos de inscrición GRATUÍTOS, mais cada participante deberá colaborar cunha ración de alimentos non perecedoiros (PRODUCTOS DE NADAL, aceite, azucre, conservas, café, cacao, chocolate) que será doado ao Banco de alimentos do Concello de Monterroso.

Retirada de Dorsais: Os dorsais poderanse retirar o día da proba no Espazo Lorenzo Varela de 09:30 a 13:30 e pola tarde na zona habilitada pola organización (na cúpula) ata 45’ antes da saída de cada proba.
Premios:
  • Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta
  • Trofeo aos primeiros clasificados de cada categoría tanto masculinos como femininos, e medalla conmemorativa ao segundo e terceiro.
  • Na categoría de PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos para esta categoría nin se farán clasificacións.
  • Nas categorías PROMOCIÓN, SUB 12, SUB 14 e SUB 16 darase medalla a todos os participantes, así como trofeo ao primeiro clasificado tanto masculino como feminino, e medalla conmemorativa ao segundo e terceiro.
  • Trofeo aos 3 primeiros clasificados locais da carreira absoluta.
  • Trofeo ao corredor/a ca vestimenta máis orixinal.
  • A entrega de premios será na zona de meta, na cúpula, en torno ás 17.45h.
Servizos para os participantes:
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Cuartos de baño na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais e imperdíbeis.
4. Vestiarios e duchas na cúpula.
5. Avituallamento na zona de saída da proba (cúpula).
6. Chocolatada ao finalizar as diferentes probas para voluntarios e corredores.
7. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).