Carballo, sábado 26 decembro 2015

III PEDESTRE DO ANLLÓNS –TROFEO DE NADAL.

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ADULTOS 400 inscritos 16:30 8,01 km 22/12/2015 0,00 400 plazas
INF - CAD 35 inscritos 17:30 2 km 22/12/2015 0,00 plazas
BENX - ALEV 43 inscritos 17:50 0,44 km 22/12/2015 0,00 plazas
PITUFOS 47 inscritos 18:00 0,13 km 22/12/2015 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 525 inscritos
O club deportivo OS MUDITOS organiza en Carballo xunto coa FGA e a empresa Viraxes sl a 3ª edición da Pedestre do Anllóns-Trofeo de Nadal. Os Muditos é un club de atletismo que pretende promocionar este deporte en Carballo; ante o auxe desta práctica deportiva entre os veciños e veciñas do noso concello organizamos esta carreira no Anllóns pois é sen ningunha dúbida o mellor lugar en Carballo para realizar unha carreira pedestre, onde se fomenta a práctica de actividade física saudable nun marco incomparable escapando do bullicio de coches do centro e tamén case sen tocar o asfalto, desenvolvéndose  a proba por camiños de zahorra, herba e terra ao largo do río e rodeado de árbores e tranquilidade.

Esta proba ten un carácter popular, non profesional, na que pode participar todo o que desexe. PROBA GRATUITA PARA TOD@S, maiores e pequen@s.
COLABORADORES E PATROCINADORES: Colaboran na proba: Concello de Carballo, Policia Local Carballo, PC Carballo, Cocacola, Decathlon Marineda, Deputación da Coruña. Patrocinan a proba entre outras as seguintes empresas: Metal Cebey, lotería Alexandra, Alicatados Señaris, Metal Cebey, EFA Fonteboa…

LUGAR DE SAÍDA: Pavillón Vila de Noia.
INSCRICIÓNS: A data límite de inscrición para a proba de maiores é o 22 de decembro ás 24:00. Na categoría de maiores o límite de participantes é de 400 participantes.
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS: O xoves 24 de decembro poderanse retirar os dorsais e os chips  na tenda de Decathon Marineda en horario laboral (de 09: a 22:00 hs) e tamén  o mesmo día da pedestre, atá media hora antes do comezo de cada proba.
AVITUALLAMENTO O FINAL DAS PROBAS E SERVIZO DE DUCHAS: O final de cada proba entregarase @s deportistas bebida, froita… Tamén se dispondrá no pavillón Vila de Noia de duchas con auga quente.
Darase o final da proba un chocolate.

PREMIOS E SORTEO DE PRODUTOS DE NADAL
  • Recibirán trofeo/medallas os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas de cada categoría, menos os pitufos que levarán tod@s @s participantes medalla.
  • Recibirán un premio especial o primeiro e primeira clasificado/a do concello de Carballo.
  • Debido o carácter festivo da proba  realizarase un sorteo de productos  de deporte.