O Club Deportivo Aurum, coa colaboración do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense e coa autorización da Federación Galega de Atletismo, organiza a Ourense Milla Solidaria 2019.
Ourense Milla Solidaria 2019 é unha carreira pedestre de carácter popular e solidario, o recadado en concepto de inscricións será doado integramente á “Cruz Vermella Ourense”.
Ourense Milla Solidaria 2019 desenvolverase na rúa do Paseo de Ourense, no tramo comprendido entre a rúa Concordia e o Parque de San Lázaro, nun circuíto homologado pola RFEA no que 4 voltas completarán a distancia dunha milla, 1.609,35 m. O número de voltas e distancia a percorrer adaptaranse segundo a categoría.
DISTANCIAS E NOVOS HORARIOS
- 18:00 Sub14 – Sub16 H - M ½ Milla 804,67 m.
- 18:10 Sub10 – Sub12 H ¼ Milla 402,34 m.
- 18:20 Sub10 – Sub12 M ¼ Milla 402,34 m.
- 18:30 Pitufos H – M 1/16 Milla 100,58 m.
- 18:40 Máster B – C – D H Milla 1.609,35 m.
- 18:50 Sub23 – Senior – M A H Serie A Milla 1.609,35 m.
- 19:00 Sub23 – Senior – M A H serie B Milla 1.609,35 m.
- 19:10 Sub 18 - Senior - Máster A - B – C M Milla 1.609,35 m.
A organización poderá modificar o horario e as series, en función do número de participantes.
SAÍDA E META: A saída e meta estará situada na rúa do Paseo de Ourense.
INSCRICIÓNS: As inscricións estarán abertas do 7 de xuño ata o 19 de xuño de 2019 ás 23:59 h.
Dado o carácter solidario da proba, poderán doar unha axuda para Cruz Vermella Ourense mediante o DORSAL 0.
RECOLLIDA DE DORSAIS: A recollida de dorsais farase o mesmo día da proba dende as 17:00 h. na Subdelegación de Defensa en Ourense, sita na rúa do Paseo, 35.
PREMIOS:
- Todos/as os/as participantes da categoría pitufos recibirán unha medalla ao rematar a súa proba.
- Os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría, recibirán unha medalla.