Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Monforte de Lemos, domingo 11 agosto 2019

III MILLA URBANA DE MONFORTE DE LEMOS

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
MÁSTER C 3 inscritos 19:50 1,61 km 08/08/2019 0,00 plazas
MÁSTER B 3 inscritos 19:40 1,61 km 08/08/2019 0,00 plazas
MÁSTER A 3 inscritos 19:30 1,61 km 08/08/2019 0,00 plazas
SENIOR 4 inscritos 20:10 1,61 km 08/08/2019 0,00 plazas
SUB 18/16 E SUB 14 6 inscritos 19:20 1,2 km 08/08/2019 0,00 plazas
SUB 12 1 inscritos 19:10 0,6 km 08/08/2019 0,00 plazas
PROMOCIÓN 1 inscritos 19:00 0,6 km 08/08/2019 0,00 plazas
PITUFOS 7 inscritos 20:00 0,15 km 08/08/2019 0,00 plazas
Inscribirme Total: 28 inscritos
O Club A Gándara de Monforte organiza a II Milla Urbana Monforte de Lemos. A proba organizarase o vindeiro Domingo 11 de agosto de 2019, con saída e meta na Rúa Reboredo. A proba estará aberta a todo os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. 

Inscricións: Ata o xoves día 8 de agosto ás 23:59 horas.  
Retirada de Dorsais: Os dorsais retiraranse o día da proba na zona habilitada na Rúa Reboredo ata 45’ antes da saída de cada proba.

Premios: 
  • Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta. 
  • Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculinos como femininos. 
  • Na categoría de PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos para esta categoría nin se farán clasificacións. 
  • Nas categorías de PROMOCIÓN-SUB12-SUB14-SUB16/18 darase medalla a todos os participantes, así como trofeo aos tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos.
  • A entrega de premios será aproximadamente, ás 20.20h.
Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Vestiarios, baños e duchas no campo de fútbol a escasos metros do circuíto.
3. Roupeiro, os participantes poderán deixar no local de recollida dos dorsais a roupa, que será custodiada por voluntarios da organización.
4. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
5. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
6. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).