A Carreira Pedreste «III Clásica Gandeira de Santa Comba» é unha iniciativa do Concello de Santa Comba, a través da súa Concellería de Deportes, que ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable e, a través desta actividade, dar visibilidade ao sector da gandería da Terra do Xallas.
PARTICIPACIÓN: Nesta proba poderán participar todas aquelas persoas que formalicen a súa inscrición no tempo e prazo preciso. O control da proba estará baixo a supervisión do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
LUGAR DE SAÍDA/META: O lugar de saída para as distintas probas, será desde a Avenida Alfonso Molina, diante da Casa de Cultura, situada en Santa Comba.
INSCRICIÓNS: O prazo de inscrición rematará o xoves 30 de marzo de 2023 ás 23:59 horas. Non se aceptará ningunha inscrición unha vez rematado dito prazo.
RECOLLIDA DE DORSAIS e CHIPS: Realizarase o día da proba nunha carpa situada na casa do de Cultura do Concello de Santa Comba a partir das 9:00 horas da data da proba e ata media hora antes do inicio de cada proba.