Muros, sábado 16 agosto 2014

III CARREIRA POPULAR SOLIDARIA DE MUROS. Circuíto de carreiras populares Deputación da Coruña

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
Inscrición finalizada Total: 0 inscritos
A Concellería de Cultura, Deporte, Educación e Xuventude e a Piscina Municipal de Muros, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, organiza o vindeiro 16 de agosto a III Carreira Solidaria Piscina Municipal de Muros. O control da carreira estará a cargo da Federación Galega de Atletismo.
A III edición da carreira popular e solidaria da Piscina Municipal de Muros está integrada dentro das 18 carreiras do II Circuíto de Carreiras Populares da Deputación Provincial da Coruña que se desenvolverán ao longo do 2014.

A cota de participación será de 5,00 € para as categorías sénior, veteranos e andaina. Parte da recadación será doada a favor de Cáritas de Muros. A inscrición na andaina realizarase na Piscina Municipal de Muros. A participación no resto das categorías (chupete, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil) terá un custo de 1,00 €. 


A proba realizarase sobre a distancia de 5500 metros aproximadamente (nas categorías xuvenil, sénior e veteranos) cun perfil semiondulado e con asfalto na súa totalidade.
O percorrido estará sinalizado e terá marcado todos os puntos quilométricos. A carreira terá lugar unicamente pola calzada do tráfico rodado, sen utilizar ningunha zona peatonal.

Saída: Piscina Municipal de Muros (Serres)
Percorrido: rotonda Parque Empresarial - Parque Empresarial - rotonda Ventín - Alivía - Miraflores - - estrada de Miraflores - Rosalía de Castro - Lonxa Vella - Porta da Vila - avenida Castelao - avenida Porteliña - Virxe do Camiño - rotonda de Serres - estrada de Serres - rotonda Parque Empresarial.
Chegada: Piscina Municipal de Muros (Serres)

  • O prazo de inscrición rematará ás 14.00 h do 14 de agosto.
Categorías (homes e mulleres).

  • Chupete 2010 e anteriores
  • Prebenxamín 2007, 2008 e 2009
  • Benxamín 2005 e 2006
  • Alevín 2003 e 2004
  • Infantil 2001 e 2002
  • Cadete 1999 e 2000
  • Xuvenil 1997 e 1998
  • Sénior 1996 e ata veteranos
  • Veteranos 1 De 35 a 40 anos cumpridos no día da proba
  • Veteranos 2 De 41 a 49 anos cumpridos no día da proba
  • Veteranos 3 De 50 a 59 anos cumpridos ata o día da proba
  • Veteranos 4 A partir de 60 anos de idade
  • Andaina