O Concello de Ribadavia coa colaboración do Club Deportivo Aurum e da Delegación de Ourense da Federación Galega de Atletismo organiza a III Carreira Popular de Ribadavia 2016, que se celebrará o domingo 11 de setembro de 2016 no Concello de Ribadavia. Esta proba pertence ó calendario da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA - Delegación de Ourense.
Poderán participar atletas federados e atletas populares.
LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO: A saída estará situada na Praza Maior de Ribadavia e a carreira discorrerá polas seguintes rúas: Rúa do Ribeiro - Rúa Veronza - Rúa do Xestal - Área Recreativa da Veronza (carril bici) - Rúa Veronza - Paseo do Avia - Paseo do Miño - Rúa da Aldea - Rúa das Laxas - Rúa Ramal - Estrada Francelos - Rúa San Lázaro - Rúa Redondela - Rúa Extramuros - Rúa Porta Nova de Arriba - Praza Magdalena - Rúa Santiago - Rúa Jerusalén - Rúa Cervantes - Rúa Rodríguez Moure - Rúa Merelles Caula - Praza Maior. (9.000 m. aprox.)
INSCRICIÓNS: Ata as 20:00 horas do xoves 8 de setembro de 2016.
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS: A retirada de dorsais e chips realizarase na secretaria de competición na o baixo da Casa do Concello de Ribadavia (Praza Maior, 1) entre as 10:00 h. e as 11:00 h. do día de celebración da proba.
SERVIZOS: Na zona de saída e meta encontrase persoal sanitario, ambulancia e avituallamento.
Haberá servizo de duchas no Pavillón Municipal de Ribadavia O Consello
AGASALLOS E PREMIOS
- Todos/as participantes da categoría PITUFOS recibirán unha medalla o rematar a súa participación na proba.
- Os tres primeiros clasificados/as das categorías BEN-ALE-INF-CAD-XUV recibirán unha medalla.
- Os tres primeiros clasificados/as das categorías JUN-PRO-SEN-VET recibirán unha medalla
- Os tres primeiro/as clasificados/as da categoría ABSOLUTA recibirán un trofeo.
- Coa retirada do dorsal entregarase unha bolsa do corredor con produtos.