Cee, sábado 25 xuño 2016

III CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CEE. III CIRCUÍTO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE. IV CIRCUÍTO DEP. PROVINCIAL A CORUÑA

A 3ª Carreira Pedestre Concello de Cee 2016 que terá lugar o sábado 25 de xuño, enmárcase dentro do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte”, onde a ideoloxía non é outra que o fomento da práctica de actividade físico-deportiva como unha ferramenta máis para acadar unha vida máis saudable.

Esta proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e forma parte do “IV Circuíto Provincial de Carreiras Populares Deputación Provincial da Coruña 2016”. 

Nesta carreira poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos e nenas como adultos (dende 4 anos).