Santiago de Compostela, sábado 08 xuño 2019

III CARREIRA HOLI GAIAS

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia organizará, o sábado 8 de xuño , a terceira edición da Carreira Holi Gaiás, unha proba lúdica que empregará polvos certificados Holi Gulal de cores durante o percorrido, así como animación tanto antes como despois da mesma. 
Poderán participar atletas federados e non federados. As probas estarán baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces (Federación Galega de Atletismo). 
A SAÍDA e META da proba será na  Cidade da Cultura. 
INSCRICIÓNS:  Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido, marcado para o mércores 5 de xuño ás 23:59 h. nin se admitirán inscricións o día da proba. 
A ORGANIZACIÓN ESTABLECERÁ UN LÍMITE DE 1000 PARTICIPANTES NA PROBA. UNHA  VEZ CHEGADA ESA CIFRA PECHARASE A PASARELA DE INSCRICIÓN 
MEDALLAS: Medalla para os 3 primeiros clasificados e para as 3 primeiras clasificadas da categoría escolares (5 km aprox.) e Medalla para os 3 primeiros clasificados e para as 3 primeiras clasificadas da categoría adultos (5 km aprox.) 
DORSAIS DE PARTICIPACIÓN:  A recollida de dorsais de participación realizarase nos seguintes prazos e lugar: CIDADE DA CULTURA DE GALICIA. SALA EISENMAN
  • Venres 7 de xuño de 16:30 a 20:30 h.   
  • Sábado 8 de xuño de 09:30 a 11:30 h. 
RECOMÉNDASE RECOLLER O DORSAL O VENRES 4 PARA EVITAR AGLOMERACIÓNS DE ÚLTIMA HORA O DÍA DA CARREIRA.