Santiago de Compostela, domingo 15 maio 2016

III CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA FEMININA 17 inscritos 10:00 11 km 12/05/2016 8,00 plazas
ABSOLUTA MASCULINA 147 inscritos 10:00 11 km 12/05/2016 8,00 plazas
CARREIRAS MENORES 229 inscritos - - 12/05/2016 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 393 inscritos
Xurdir, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística, organiza o domingo 15 de maio de 2016 a III Carreira Camiño das Letras, cunha proba absoluta desde A Lavacolla ata o Estadio de San Lázaro  e cun circuíto para as categorías de menores, po los arredores do Estadio. Esta proba, que quere unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e co simbolismo do Camiño de Santiago.

HORARIOS
10.00h - ABSOLUTA MASCULINA E FEMININA 11000 m aprox.
11.30 h - PITUFOS (NENOS E NENAS)  200 m aprox. 
11.45 h - PREBENXAMÍN-BENXAMÍN (NENOS E NENAS)  400 m aprox.
12.00 h - ALEVÍN-INFANTIL NENAS (2 voltas)  1500 m aprox.
12.15 h - ALEVÍN-ÍNFANTIL NENOS (3 voltas)  2150 m aprox.
12.30 h - CADETE-XUVENIL NENAS (3 voltas)  2150 m aprox.
12.45 h - CADETE-XUVENIL NENOS (4 voltas)  2860 m aprox.
 
Inscricións: Ampliación do prazo ata o xoves 12 de maio ás 23.59 horas. Non se aceptarán inscricións fóra do prazo establecido. 
Entrega de dorsais: realizarase no punto de información da planta baixa do Centro Comercial As Cancelas de Santiago, nos seguintes días e horarios: 
  • Venres, 13 de maio, de 17.00 a 20.00 horas
  • Sábado, 14 de maio, de 11.00 a 20.00 horas
  • De xeito excepcional, permitirase a recollida dos dorsais na secretaría da competición situada no Estadio de San Lázaro, entre as 9.00 e as 9.30 horas, para a carreira de adultos e ata as 11.30 horas para as carreiras de menores.
Avituallamentos: Establecerase un punto de avituallamento na metade da carreira, onde se abastecerá de auga aos atletas. Na liña de meta, facilitarase a hidratación dos participantes, coa entrega de auga, bebidas isotónicas, barriñas de chocolate e froita.
Servizos médicos: A proba disporá dos servizos médicos regulamentarios, así como de ambulancia. 
Outros servizos: A organización porá á disposición dos participantes un servizo de gardarroupa na zona de saída que trasladará á zona de meta a roupa deportiva depositada nel, un servizo de duchas no Estadio de San Lázaro e autobuses para facilitar o traslado dos atletas desde o punto de meta á zona de saída. 

OS AUTOBUSES PARTIRÁN DESDE O ESTADIO DE SAN LÁZARO CUNHA FRECUENCIA DE 15 MINUTOS A PARTIR DAS 8,55 HORAS EN DIRECCIÓN Á ZONA DE SAÍDA. A DERRADEIRA SAÍDA SERÁ ÁS 9.40 HORAS 

Premios e agasallos: Todos os participantes que finalicen a proba de adultos e de menores recibirán como agasallo da organización un libro e mais o diploma Camiño das Letras, para unir a conmemoración do Día das Letras Galegas co simbolismo do Camiño de Santiago.
Recibirán premio:
  • Os 3 primeiros clasificados (en mulleres e homes) da proba absoluta recibirán un trofeo deseñado especialmente para a proba e un lote de libros.
  • Os tres primeiros clasificados das categorías de alevín a veterano recibirán un lote de libros.
  • Todos os participantes das categorías pitufo, prebenxamín e benxamín recibirán un libro adaptado á súa idade.
  • O centro escolar e o club que máis alumnos rematen a proba recibirán un trofeo e un lote de libros.