O Concello de Curtis, a través da súa Concellería de Deportes, en colaboración coa Asociación de Axuda contra ó Cancro, organizarán o domingo 10 de xullo de 2022 a partir das 10:30 horas, a III Carreira Solidaria de Axuda contra o Cancro que conectará a localidade de Curtis coa de Teixeiro.
A proba levarase a cabo no Concello de Curtis (A Coruña) e estarán baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo.
SAÍDA E META:
- A saída da proba (10:30): Na Rúa Mestre Eduardo Fariña s/n (diante do pavillón polideportivo municipal de Curtis) e,
- A meta estará ubicada na Praza de España na localidade de Teixeiro,
INSCRICIÓNS: Ata o mércores 6 de xullo ás 23:59 horas.
RETIRADA DE DORSAIS: Realizarase o día da proba na praza de España, Teixeiro de 8:30 h a 9:20 h. e no Pavillón polideportivo de Curtis da localidade de Curtis de 9:30 a 10:00
SERVIZO DE AUTOBUSES: A organización habilitará un servizo de autobuses que trasladará aos atletas dende Praza de España en Teixeiro (Lugar de chegada) ata a o polideportivo municipal de Curtis (lugar de saída), a partir das 9:30 horas.
O mesmo tempo, tamén se ofrecera este servizo o rematar a carreira/andaina no sentido contrario, é dicir de Teixeiro a Curtis unha vez finalice a entrega de premios (aviaráse por
megafonía, cun horario aproximado das 12:45).