Rianxo, sábado 11 agosto 2018

III CARREIRA - ANDAINA NOCTURNA SOLIDARIA CASTELO DA LÚA

O Concello de Rianxo, Barbantia Roda e o Club Atletismo Rianxo organizan a “III Carreira-Andaina nocturna benéfica “Castelo da Lúa”, o sábado 11 de agosto de 2018.
A proba organízase a beneficio da Asociación Benéfico Social Callejeros Barbanza, que recibirá o 100% do recadado a través das inscricións.

Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Saída e chegada: Praza Castelao
Inscrición: Ata o xoves 9 de agosto de 2018 ás 24:00 h.
Retirada de dorsais e chips: Na Praza de Castelao o mesmo día da proba, a partir das 19 h e ata o inicio da mesma.
Premios e agasallos
  • Agasallos para todas as participantes na carreira e na andaina (ata fin de existencias), de todas as categorías.
  • Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina.