Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Desexo facer un donativo para a asociación colaboradora da carreira:

Dorsal 0 Grazas á túa axuda levamos recadados: €0,00

Ames, sábado 28 setembro 2019

III CARREIRA - ANDAINA DA FAMILIA 2019 - AXUDA EN FAVOR DE ASANOG

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CARREIRA E ANDAINA ADULTOS 2 inscritos 12:15 3 km 26/09/2019 6,00 plazas
CARREIRA E ANDAINA MENORES 1 inscritos 12:15 3 km 26/09/2019 0,00 plazas
Inscribirme Total: 3 inscritos
A carreira-andaina da FAMILIA 2019 é un actividade organizada polo Concello de Ames a través da súa Concellaría de Deportes. Consistirá nunha carreira e andaina a pé que se celebrará xunto cun programa de actividades no cal tomarán parte asociacións e clubs do Concello de Ames.
A participación será individual ou en familias monoparentais ou de máis integrantes, compostos por avós/aboas ou pai/nai e fillos/as.

Toda a recadación do día irá destinada INTEGRAMENTE a ASANOG, “Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia”, unha asociación sen ánimo de lucro que nace en 2012 para contribuír no ámbito da nosa comunidade a mellorar o estado dos nenos oncolóxicos e as súas familias. 

O evento formará parte da programación do Día do Deporte de Ames, tendo oferta dunha amplia variedade de actividades deportivas e lúdicas para todos/as as/os participantes.
A saída e meta da proba estará ubicada na rúa do Buxo, (aparcamento da Travesía do Porto) a carón do Centro Comercial NOVO MILLADOIRO. A 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES
11:00 h Entrega de dorsais e bolsa regalo na carpa organización
11:30 h Inicio da actividade. Sesión musical, animación, baile e DJ
12:00 h Sesión de quecemento grupal 
12:15 h Carreira e Andaina da Familia  3 km aproximadamente
12:45 h ACTIVIDADES LUDICAS PARA A FAMILIA
13:00 h INCHABLES E XOGOS PARA NENOS/AS
13:30 h SORTEO DE AGASALLOS E ENTREGA DE PREMIOS – FIN DE FESTA

INSCRICIÓNS: Ata o xoves 26 de setembro ás 23:59 horas.
PREMIOS
Estableceranse os seguintes premios por “chegados a meta” da carreira:
  • A familia máis numerosa.
  • O avó/avoa de máis idade.
  • As/os 3 primeiras/os chegadas/os a META
  • A 1ª familia monoparental
  • A 1ª familia de 3 integrantes
  • A 1ª Familia de 4 integrantes
  • A 1ª Familia de 5 integrantes