Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Desexo facer un donativo para a asociación colaboradora da carreira:

Dorsal 0 Grazas á túa axuda levamos recadados: €54,00

Bergondo, sábado 15 outubro 2022

II URBAN TRAIL POLÍGONO DE BERGONDO

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CARREIRA ABS 6K 18 inscritos 17:00 6 km 12/10/2022 7,00 plazas
CARREIRAS MENORES 17 inscritos - - 12/10/2022 3,00 plazas
PEQUERRECHOS 5 inscritos 18:50 0,1 km 12/10/2022 3,00 plazas
Inscribirme Total: 40 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ANDAINA 35 inscritos 16:30 5,5 km 12/10/2022 5,00 plazas
ANDAINA MENORES 4 inscritos 16:30 5,5 km 12/10/2022 3,00 plazas
Inscribirme Total: 39 inscritos
ORGANIZACIÓN: A Comunidade de Propietarios do Polígono de Bergondo en colaboración con Concello de Bergondo e o Club de Atletismo de Bergondo.
A proba celebrarase o día 15 de outubro de 2022 ás 16.30horas.
Trátase dunha proba solidaria que se celebra con dous obxectivos concretos: 
  • Fomentar o deporte entre o colectivo empresarial do Polígono de Bergondo.
  • Reunir fondos para un fin solidario. Esta vez, o recadado destinarase integramente á Asociación Española Contra o Cancro en recoñecemento ao gran labor desenvolvido durante anos por esta asociación no Concello de Bergondo. 
 PERCORRIDO:
  • As probas disputaranse no Polígono de Bergondo. 
  • A saída e chegada da proba farase na C/ Pq. Rois, á altura da parcela F11. (Ligazón)
  • A superficie sobre a que se desenvolve a proba será de asfalto na súa maioría, aproximadamente un 70%, e por unha zona de pistas forestais (aproximadamente un 30%), polas que se conducirá aos corredores ao momento máis alto da zona, (con 67 metros de desnivel aproximado) desde onde os participantes poderán gozar dunha visión de conxunto da área Empresarial de Bergondo e da contorna natural privilexiada no que se atopa co porto de Sada ao fondo. 
HORARIOS:
15:30 h: Entrega dorsais (ata 1h antes do inicio de cada proba)
16:30 h: Andaina: 5,5 km aprox.
17:00 h: Carrera absoluta (desde sub 20 en diante/2004 en diante): 6 km aprox.
17:55 h: Carrera sub 16 (2007-2008) e sub 18 (2005-2006): 3 km aprox.
18:20 h: Carrera sub 14 (2009-2010): 1000 m aprox.
18:30 h: Carrera sub 12 (2011-2012): 500 m aprox.
18:40 h: Carrera sub 10 (2013-2014): 500 m aprox.
18:50 h: Carrera Prebenjamín e pitufos (desde 2015 e posteriores): 100 m aprox.
19:15h: Entrega premios
*O horario poderá variar levemente en función do número de rexistrados/as.

PREMIOS
  • Entregarase un trofeo a cada un/a de os 3 primeiros/as clasificados/as masculino e feminino das carreiras de 6 km así como de cada unha das categorías das restantes probas, fóra de prebenjamines e pitufos que recibirán unha medalla cada un/a.
  • Entregarase un trofeo ao primeiro clasificado que sexa traballador/a de empresa situada no polígono. 

INSCRICIÓNS: A inscrición pecharase ás 23.59 h do 12 de outubro. Todo o recadado destinarase integramente á AECC           

RECOLLIDA DE DORSAIS: 
O día 14 de outubro na oficina da Comunidade de Propietarios do Polígono en horario de 11:00 a 19:00 horas. Dirección: C/ Parroquia de Guísamo, s/n. Edificio Multiusos. Polígono de Bergondo. (Ligazón)
O mesmo día da carreira desde ata 1h hora antes do inicio de cada carreira.