Cobas, sábado 04 agosto 2018

II TRAIL SOLIDARIO EQUIOCIO – DESAFIO FERROL

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
TRAIL LONGO 31 inscritos 09:30 26 km 01/08/2018 18,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 31 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
TRAIL CURTO 132 inscritos 10:00 16 km 01/08/2018 14,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 132 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ANDAINA 53 inscritos 10:05 7 km 01/08/2018 5,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 53 inscritos

XA PODES VER O NÚMERO DO TEU DORSAL

O  Trail Solidario Equiocio 2018 · Desafío Ferrol, ten como obxectivos fundamentais fomentar o deporte e a vida saudable, e a promoción dunha contorna natural como o de Covas e doutra banda, contribuír en cada edición ao labor social de entidades sen ánimo de lucro, colaborando na edición do 2018 con Cruz Vermella

DATA E LUGAR DE REALIZACIÓN: O sábado 4 de agosto de 2018, celebrarase a segunda edición do II  Trail Solidario Equiocio -  Desafio Ferrol, unha proba oficial da Federación Galega de Atletismo ( FGA) con distancia non homologada, con tres circuítos, un  trail longo de 26 km. Cun desnivel acumulado de 745 metros  aprox. Un  trail curto de 16 km con desnivel positivo 447 e unha  andaina de 7km aproximada con saída o Campo de  As  Cabazas, en Covas e chegada ao mesmo punto de partida.

INSCRICIÓNS:  Ata o 1 de agosto ás 23:59 h

RECOLLIDA DE DORSAIS: A entrega de dorsais realizarase de forma previa na tenda Decathlon de Ferrol o 3 de agosto dende as 15:00h ata as 22:00h, e o mesmo día da proba a partir das 8:00 da mañá ata 15 minutos antes da saída no Campo das  Cabazas.

TROFEOS

  • Trofeos para os/ as tres primeiros/ as clasificados/ as de cada categoría, no  trail longo e no trail curto
  • Trofeos para os/ as tres primeiros/ as gañadores/ as do  trail longo e do  trail curto.
  • Trofeos para os tres primeiros equipos do  trail longo e do  trail curto.
  •  Diploma para todos os participantes que rematen a proba.