XA PODES CONSULTAR O NÚMERO DO TEU DORSAL
A Sociedade Deportiva Compostela-Tambre-Lengüelle organizará o domingo 23 de abril de 2023 a II Edición do Trail-Cross Comarca do Ulla - Tambre.
A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail-Running e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. Como novidade, nesta edición tamén contaremos cunha andaina de 5 quilómetros aproximadamente proba aberta a tódolos públicos a fin de fomentar o deporte, que discurrirá durante catro quilómetros polo percorrido do trail-cross acampañando aos corredores.
INSCRICIÓNS: Ata o xoves 20 de abril de 2023 ás 23:59h (Prazo ampliado).
RECOLLIDA DE DORSAIS: Os dorsais para o Trail-cross e andaina poderán recollerse no mesmo día a partir das 08:15 horas no lugar de meta (Cruceiro de Arca, O Pedrouzo (O Pino).
TRANSPORTE EN AUTOBÚS AO PUNTO DE SAÍDA DO TRAIL-CROSS E ANDAINA: Para poder participar no Trail-Cross, trasladarase aos participantes desde o punto de meta (Cruceiro de Arca, O Pedrouzo (O Pino), ao punto de saída das probas (Área Recreativa de Brandelos - Touro) do seguinte xeito: