O clube de atletismo Serres Runners organizará a segunda edición do Trail e Andaina Cova da Bruxa o domingo 12 de marzo de 2023 a partir das 09:00 horas no Concello de Muros.
A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail Running e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo. En adultos desputarase sobre 2 distancias (13 e 22 km aprox.); tamén haberá una andaina de 11 km aprox. e probas para escolares. Nesta proba poderá participar calquer deportista sexa ou non federado.
Lugar de saída de todas as probas: As probas sairán desde o instituto de As Insúas (Serres). Ubicación (Aquí)
Inscricións: realizaranse ata o martes 7 de marzo de 2023 ás 23.59 h
Recollida de dorsais: Os dorsais poderán recollerse nos seguintes puntos:
- Sábado 11 de marzo: de 17:00 a 20:00 horas no Instituto As Insúas (opción recomendada);
- Domingo 12 de marzo: a partir das 08:00 horas e ate 15 minutos antes do comenzo de cada proba no lugar de saída.
Servizo de duchas e Vestiarios: Porase a disposición dos participantes un servizo de duchas e vestiarios no instituto As Insúas (Serres). Ubicación (Aquí)
RECOMÉNDASE QUE TOD@S @S PARTICIPANTES LEVEN CONSIGO TELÉFONO MÓVIL DURANTE O TRANSCURSO DA PROBA.