O Club Trail Running Galea Sport, xunto co concello de Miño, organizan o II Trail "Concello de Miño" Boucelo – San Ramón, no concello de Miño (provincia de A Coruña), baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, a través da súa delegación en A Coruña.
LUGAR DA PROBA: A proba, para todas as distancias, realizarase integramente no municipio de Miño, con saída e chegada no entorno do pavillón municipal.
INSCRICIÓNS: Ata o luns 14 de novembro.
APARTADO SOLIDARIO DA PROBA
A organización sen ánimo de lucro querENDO forma parte da carreira para dar a coñecer a doenza da Endometriose que afecta ás mulleres. Previamente á celebración da proba, e o mesmo día da proba, realizaranse actividades dentro da campaña “Trail Miño 2022, pola endometriose”. Na saída/chegada da proba instalarase un punto de información para todas aquelas persoas (participantes, familiares, público en xeral) que queiran saber máis desta doenza.
Por iso este ano o trail apoia á asociación querENDO, mulleres con endometriose para visibilizar esta doenza que padecen máis de 60.000 mulleres galegas.
A endometriose é unha doenza inflamatoria estróxeno-dependente de orixe descoñecida que consiste na implantación e crecemento benigno de tecido similar ao endometrial fóra do útero, principalmente na área pélvica e ovarios, pero que tamén se pode extender a outras zonas e órganos. Calcúlase que afecta a unha de cada dez mulleres en idade fértil e o seu síntoma principal é unha dor de regra incapacitante.
RETIRADA DA BOLSA DO CORREDOR
Os participantes poderán recoller a bolsa do corredor na tenda Dequip Miño nos seguintes días e horarios:
Dequip Miño c/ Galea, 10, baixo (Miño) 18 de novembro (Venres): 17:00 – 20:00 o 19 de novembro (Sábado):10:00 – 14:00
Ademais, o día da propia carreira, poderán recollerse os dorsais no posto habilitado na zona de saída / chegada, a partir das 07:30 h. pola mañá ata as 08:45 h.
A bolsa do corredor inclúe o dorsal para participar na carreira, camiseta de recordo e avituallamento inicial para a realización das probas, ademais de algún agasallo sorpresa.
MAPA E TRACK:
TRAIL LONGO MIÑO 2022
TRAIL CURTO MIÑO 2022
ANDAINA TRAIL MIÑO 2022