O Noitebra F.C. de Santiago de Compostela organiza o II Trail de Compostela, coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, baixo control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo
Lugar: A saída dos adultos darase ás 10:00 horas dende a Granxa do Xesto, no Monte Pedroso. Tamén se celebrarán carreiras escolares que terán lugar a partir das Percorrido: O trail transcorrerá por un circuíto mixto de camiños, pistas, corta-lumes e monte da contorna do Pedroso en Santiago de Compostela e Ames. Trátase dun percorrido duns 21,097 kilómetros, cun desnivel positivo acumulado duns 700 metros e 700 metros de desnivel negativo.
Inscrición: permanecerá aberta do 12 de febreiro ao xoves 10 de marzo ás 23:59 horas.
Recollida dos dorsais: os dorsais do trail recolleranse, o mesmo día da proba, a partir das 09:00 horas e ata as 9:45 horas no lugar de saída (Granxa do Xesto). Non se entregarán dorsais do trail despois da hora límite (9:45 horas). Os dorsais das carreiras escolares poderán recollerse das 11:00 ás 12:00 horas.
Categorías trail: (anos cumpridos o día da proba)
Categoría masculin e feminina absoluta, a partir de 18 anos. 21,097 kilómetros
Categoría masculino e feminina veterana, a partir de 41 anos. 21,097 kilómetros
Escolares a. Nacidos no ano 1998 (só menores de 18 anos o día carreira), 1999, 2000 e 2001 (aproximadamente 2.160 metros-tres voltas).
Escolares B. Nacidos nos anos 2002, 2003 e 2004 (aproximadamente 1.470 metros- dúas voltas).
Escolares C. Nacidos nos anos 2005, 2006, 2007 e 2008 (aproximadamente 775 metros-unha volta).
Premios:
- Trofeo aos 3 primeiros clasificados na categoría masculino absoluto (A).
- Trofeo ás 3 primeiras clasificadas na categoría feminina absoluta (B).
- Trofeo o aos 3 primeiros clasificados na categoría masculino veterano (C).
- Trofeo ás 3 primeiras clasificadas na categoría feminina veterana (D).
- Equipos federados: trofeo para os tres primeiros equipos federados (FGA) clasificados. Para optar aos premios deberán rematar a carreira mínimo 6 atletas, puntuando en meta os 4 primeiros en chegar de cada equipo. Gañará o equipo que sume menos puntos en función dos postos acadados polos seus atletas no trail. Os equipos poderán ser mixtos (homes e mulleres). Será imprescindible enviar a listaxe coa composición dos equipos ao mail da Delegación da Federación Galega de Atletismo en Santiago (FGAsantiago@gmail.com), con prazo límite ata o venres 11 de marzo ás 14:00 horas.