Miño, sábado 25 xuño 2016

II SAN PEDRO MIÑO

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
VETERÁN C 6 inscritos 10:30 10 km 23/06/2016 10,00 plazas
VETERÁN B 17 inscritos 10:30 10 km 23/06/2016 10,00 plazas
VETERÁN A 26 inscritos 10:30 10 km 23/06/2016 10,00 plazas
SENIOR 25 inscritos 10:30 10 km 23/06/2016 10,00 plazas
SUB 23 4 inscritos 10:30 10 km 23/06/2016 10,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 78 inscritos
Comisión de Festas de Miño, organiza o II 10k SAN PEDRO MIÑO o 25/06/2016 na localidade de Miño baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo e incluida no Calendario Oficial da FGA.

SAÍDA: Será as 10:30 h. na zona deportiva da Galea (ao carón da Praza do Parchis). Os participantes deberán colocarse na liña de saída 10 minutos antes do comezo da proba. O trazado consta de zonas asfaltadas e non asfaltada (camiño de santiago) 
INSCRICIÓNS: Con data límite xoves 23 de xuño de 2016 ás 23:59 h. da cal se destinará unha parte a fins benéficos. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin o día da carreira.
DORSAIS E CHIPS: Retiraranse na secretaría da organización ubicada na Praza do Parchis (ao carón do Concello de Miño) dende as 09:00 h. ata as 10:00 h. o dia da proba.
SERVIZOS: 
  • Situarase un punto de avituallamento na metade do recorrido, asi como na chegada.
  • Servizo de duchas no pavillón municipal, situado a 300 m. da meta e señalizado.
TROFEOS: 
  • Entregarase un trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto masculino coma feminino.
  • Asemade tamén se entregará ao primeiro e primeira clasificado/a do concello de Miño (farase constar na inscripción) e ao participante máis veterano e para a máis veterana.
  • Asemade farase entrega dunha camiseta técnica conmemorativa do evento para todos os participantes.