Ourense, domingo 17 xuño 2018

II OURENSE MILLA SOLIDARIA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
MÁSTER 48 inscritos - 1,61 km 13/06/2018 3,00 plazas
SENIOR 17 inscritos - 1,61 km 13/06/2018 3,00 plazas
SUB 23 2 inscritos - 1,61 km 13/06/2018 3,00 plazas
SUB 20 3 inscritos - 1,61 km 13/06/2018 3,00 plazas
SUB 18 0 inscritos - 1,61 km 13/06/2018 3,00 plazas
SUB 16 4 inscritos - 0,8 km 13/06/2018 0,00 plazas
SUB 14 6 inscritos - 0,8 km 13/06/2018 0,00 plazas
SUB 12 5 inscritos - 0,4 km 13/06/2018 0,00 plazas
SUB 10 5 inscritos - 0,4 km 13/06/2018 0,00 plazas
PITUFO 22 inscritos 11:00 0,1 km 13/06/2018 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 112 inscritos

Sublime Deporte y Cultura S.L., coa colaboración do Club Deportivo Aurum, o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense e coa autorización da Federación Galega de Atletismo, organiza a Ourense Milla Solidaria 2018, que se celebrará en Ourense o domingo, 17 de xuño de 2018. 
  • Ourense Milla Solidaria 2018 é unha carreira pedestre de carácter popular e solidario, o recadado en concepto de inscricións será doado integramente á “Asociación Española Contra el Cáncer”. 
  • Ourense Milla Solidaria 2018 desenvolverase na rúa do Paseo de Ourense, no tramo comprendido entre a rúa Concordia e o Parque de San Lázaro, nun circuíto homologado pola RFEA no que 4 voltas completarán a distancia dunha milla, 1.609,35 m. O número de voltas e distancia a percorrer adaptaranse segundo a categoría. 
  • A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo.  
PARTICIPANTES: Poderán participar nesta proba atletas federados e atletas populares. 
INSCRICIÓNS: As inscricións estarán abertas do 21 de maio ata o 13 de xuño de 2018 ás 20:30 h.
RECOLLIDA DE DORSAIS: A recollida de dorsais farase o mesmo día da proba dende as 09:00 h. na Subdelegación de Defensa en Ourense, sita na rúa do Paseo, 35. 

HORARIOS DEFINITIVOS
11:00 horas - Sub14 Sub16 - homes e mulleres - 1/2 Milla
11:10 horas - Sub10 Sub12 - homes e mulleres - 1/4 Milla
11:20 horas - Pitufos - homes e mulleres - 1/8 Milla
11:30 horas - Master C e D - Homes - Milla
11:40 horas - Master B - Homes - Milla
11:50 horas - Master A - Homes - Milla
12:00 horas - Master C-B-A Senior Sub23 Sub20 - Mulleres - Milla
12:10 horas - Senior Sub23 Sub20 - Homes - Milla

PREMIOS: 
  • Todos/as os/as participantes da categoría pitufos recibirán unha medalla ao rematar a súa proba. 
  • Os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría, recibirán unha medalla.