Vigo, sábado 28 maio 2016

II MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
3000 + 1000 24 inscritos - - 26/05/2016 5,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 24 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
3000 (XUV ATA VET) 17 inscritos - 3 km 26/05/2016 5,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 17 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
1000 (XUV ATA VET) 5 inscritos - 1 km 26/05/2016 5,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 5 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
MENORES (2001-2010) 169 inscritos - - 26/05/2016 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 169 inscritos
O Real Club Celta de Atletismo, Club Atletismo Femenino Celta e a Escola Celta Atletismo, co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra, Abanca, os Socios Colaboradores do Grupo Celta Atletismo e a colaboración da Federación Galega de Atletismo e o Comité Galego de Xuíces, organizarán conxuntamente o “II MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO”. 

O “II MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO” terá lugar o sábado 28 de maio a partir das 10:00 horas na Pista Municipal de Atletismo de Balaidos (Vigo).

Inscricións: O prazo de inscrición finalizará o vindeiro 26 de maio ás 22:00 horas. Non se aceptarán inscricións fora de prazo. 
Horario:
  • 10:00h    500m. INFANTIL M – H (2003 – 2004)
  • 10:15h    500m. ALEVÍN M - H (2005 – 2006)
  • 10:30h    500m. BENXAMÍN M - H (2007 – 2008)
  • 10:30h ata ás 12:00h    ¿XOGAS O ATLETISMO? 
  • 10:45h    100 m. PRE-BEXAMÍN M - H (2009 – 2010)
  • 11:00h     600 m. CADETE M - H (2001 – 2002)
  • 11:15h    1000 m. XUV. ata VET. MULLERES (2000 e anteriores)
  • 11:45h    1000 m. XUV. ata VET. HOMES ( 2000 e anteriores)
  • 12:00h    3000 m. XUV. ata VET. MULLERES (2000 e anteriores)
  • 12:30h    3000 m. XUV. ata VET. HOMES (2000 e anteriores)
Premios: Entregarase trofeo o 1º clasificado e medallas o 2º e 3º clasificado de cada proba e categoría (só haberá clasificacións nas carreiras). Todos os atletas de categoría pre-benxamín recibirán unha medalla conmemorativa da proba. Ademais, entregaranse outros agasallos doados polos patrocinadores da competición. A entrega de premios realizarase ao final da competición, sendo obrigatoria a presenza do atleta para recibir o premio.