Val do Dubra, domingo 03 xuño 2018

II DUBRA TRAIL

O clube Dubra Team organizará, coa colaboración do Concello de Val do Dubra, o domingo 3 de xuño a segunda edición do TRAIL de Montaña Dubra Trail. As probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuices da FGA.

PARTICIPACIÓN: Nas probas de Trail Longo e Trail Curto poderá participar calquer persona de 18 anos ou superiores cumpridos o día da proba. Na  ANDAINA popular poderán facelo a partir de 16 anos cumpridos o día da proba.
PUNTO DE SAÍDA E META E PERCORRIDO DAS PROBAS: As probas sairán desde o Campo de Fútbol da Tilleira, na localidade de Bembibre. Ese punto será tamén punto de meta das mesmas. As probas discurrirán por camiños e sendas de monte na maior parte do percorrido.
INSCRICIÓNS: ata o 30de maio ás 23.59 h
AVITUALLAMENTOS:
Estableceranse 3 puntos de avituallamento líquidos e sólidos na ruta longa, 2 na ruta curta e na Andaina distribuidos do seguinte xeito:
  • RUTA LONGA: KM 8, KM 16 e META.
  • RUTA CURTA: KM 8 e META.
  • ANDAINA: KM 8 e META.
DUCHAS E VESTIARIOS: Haberá servizo de duchas e vestiarios a disposición dos atletas no Campo de Fútbol Municipal (lugar de saída e meta das probas).
AGASALLO TÉCNICO PARTICIPANTES: Todos os participantes que se inscriban nos prazos de inscrición mencionados anteriormente recibirán un agasallo de organización pola súa participación no Dubra Trail.