Terá lugar os días 22 e 23 de outubro de 2022, organizada polo Club Deportivo UTMC, con sede social en Culleredo (A Coruña) e coa Dirección Técnica do CDE Ecodeporte.
ECOCAMIÑO é unha proba trail, inscrita no calendario oficial da RFEA, con dúas modalidades, de 109,4 e 48,1 Quilómetros aproximadamente que hai que percorrer nun tempo inferior a 26 e 23 horas respectivamente, desde as 08:00 horas do sábado 22 de outubro de 2022, ata as 10:00 horas do domingo día 23 de outubro de 2022, (Das 11 horas do sábado ás 10 horas do domingo para os participantes na distancia de 48,1 Km.)