Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Lourenzá, domingo, 21 de xaneiro de 2018

II CROS COMARCAL DE A MARIÑA LUCENSE

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CARREIRA MASCULINA 38 inscritos 12:40 5,1 km 18/01/2018 6,00 plazas
CARREIRA FEMININA 12 inscritos 12:15 2,7 km 18/01/2018 6,00 plazas
Inscrición pechada Total: 50 inscritos
O Club Atletismo Lourenzá, organiza o “II Cros Comarcal da Mariña Lucense”, o próximo día 21 de xaneiro de 2018 na localidade de Lourenzá (Lugo), concretamente nas inmediacións do campo de fútbol da devandita localidade. Proba Oficial da  FGA, con distancia non homologada. 
  • Poderán participar todos aqueles atletas federados e non federados, nacidos no ano 2002 e anteriores. 
Inscricións:  ata a o 18 de xaneiro do 2018 ás 23:59h. (prazo ampliado). Non se admitirán inscricións a partir de dita data, nin o mesmo día da carreira. 
Dorsais: Serán entregados o mesmo día da carrera, na secretaría da carreira.
Servizos: Dispoñerase de vestiarios e duchas ao final da proba para os atletas nos vestiarios do campo de fútbol de Santa Cruz (Lourenzá). 
Premios:
  • Entregaranse medallas aos tres primeiros atletas de cada categoría.
  • Entregarase trofeos aos tres primeiros equipos clasificados. Os equipos estarán formados por un máximo de 6 corredores, e un mínimo de 4, e deberán de ser clubs de atletismo. 
    Para realizar a clasificación por equipos, sumaranse os postos obtidos polos 4 primeiros atletas. Resultará gañador o equipo que menos puntos obteña. En caso de empate, clasificarase en primeiro lugar o equipo cuxo 4º corredor obteña mellor posto. 
    No caso de que un Club presente máis dun equipo, (“A”, “ B”, etc…), deberá de informar á organización, con tempo suficiente, antes do paso dos atletas por cámara de chamadas, de cales son os atletas que compiten en cada equipo.
  • Entregarase trofeo aos tres primeiros clasificados na xeral.