Cambre - Culleredo, domingo 14 outubro 2018

II CARRERA SOLIDARIA PARA LAS FAMILIAS DESFAVORECIDAS DE CAMBRE - FUNDACIÓN ADRA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 373 inscritos 10:30 5,6 km 11/10/2018 7,50 plazas
SUB 14 E SUB 16 22 inscritos 11:30 1,64 km 11/10/2018 2,50 plazas
SUB 12 E SUB 10 47 inscritos 11:45 0,82 km 11/10/2018 2,50 plazas
PEQUERRECHOS 152 inscritos 11:55 0,1 km 11/10/2018 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 594 inscritos

A fundación ADRA en colaboración cos Concellos de Cambre e Culleredo, organizan a primeira edición da Carreira solidaria para as familias desfavorecidas de Cambre o vindeiro domingo 14 de outubro, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, a través da súa delegación en A Coruña.

A participación está aberta a todas as persoas federadas ou non, indepentemente da súa edade cunha clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

É unha proba incluída no Calendario Oficial da FGA coa distancia non homologada.

Co obxectivo de conseguir máis recursos para os máis necesitados, xorde a organización desta carreira solidaria para poder dotar de mellores servizos e prestacións, tales como poder comprar alimentos, a organización dunha festa de Nadal e unha festa de Reis para os nenos. A Fundación ADRA (Axencia para o Desenvolvemento e Recursos Asistenciais) con CIF G82262932, está legalmente recoñecida e inscrita no Rexistro de Fundacións do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade com o número 28/1142. ADRA pertence á Plataforma Nacional para a Promoción do Voluntariado.

  • Saída: Desde o paseo marítimo do Temple (Cambre) en fronte ao antigo Centro de Saúde. O percorrido será ao longo do paseo marítimo do Burgo (Culleredo) e o paseo marítimo do Temple (Cambre)
  • Retirada de dorsais: será o mesmo día da proba na secretaría unicada nas inmediacións da saída das carreiras, dende as 8:45h  ata media hora antes de cada proba. O dorsal estará situado no peito e terá que ser visible ao longo de toda a proba.
  • Inscricións: ata ás 23:59 horas do xoves 11 de outubro (Prazo ampliado). Non poderán tramitarse incricións o mesmo día da proba.
  • Servizos: O corredor disporá de servizo de duchas e vestiários no Pavillón do Graxal.

  • Premios:

- Medallas conmemorativas para todos/as na categoría pequerrecho e camisetas para o resto de corredores ata chegar ás 600.

- Trofeos para aos/ás 1º, 2º e 3º clasificados/as en cada categoría tanto en masculinos como femeninos dende Sub 10 ata Máster 5.

- Trofeo ao participante máis veterán e ao máis pequeño.

- Bolsa conmemorativa para todos os participantes.