A Federación Galega de Atletismo organiza co patrocinio do Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes, a II Carreira San Silvestre de Santiago de Compostela que terá lugar o mércores 31 de decembro a partir das 18.00 horas da tarde.
Esta proba que continua co labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns, representa o culmen do III Circuito de Carreiras Saudables de Santiago, CorreSan III, rematado o pasado mes de outubro, aínda que non é proba puntuable.
A SAÍDA da proba será ás 18 horas desde a Porta dos Leóns, no Parque da Alameda. A zona de META estará ubicada na Praza do Obradoiro.
A idade mínima para poder tomar parte na proba será a de aqueles atletas nados/as no ano 2005. A organización non se fará responsable dos atletas menores da idade mínima esixida neste regulamento (ano 2005), polo que non poderán participar na proba.
INSCRIPCIONS: data límite o domingo 28 de decembro ás 22 horas.
A inscrición presencial poderase realizar nos seguintes puntos:
- Departamento de Deportes do Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés-Hipercor) de luns a sábados de 10 a 22 horas.
- Multiusos Fontes do Sar de luns a sábados de 09:00 a 20.00 horas e Complexo Deportivo de Santa Isabel e luns a sábados de 09:00 a 20.00 horas.
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da proba.
TODOS OS PARTICIPANTES ADULTOS QUE PARTICIPARON NA MODALIDADE DE CIRCUITO NO CORRESAN III TERÁN A INSCRICIÓN GRATUITA. XA ESTARÁN INSCRITOS DE ANTEMÁN. DEBERÁN SIMPLEMENTE RECOLLER O SEU DORSAL A CARÓN DA SAÍDA DAS PROBAS NO PARQUE DA ALAMEDA. NON SE PODERÁ EMPREGAR O DORSAL DO CIRCUITO
PREGASE A AQUELES ATLETAS PREINSCRITOS QUE NON VAIAN A PARTICIPAR NA PROBA O COMUNIQUEN NO EM@IL info@carreirasgalegas.com
- OS ATLETAS ESCOLARES QUE TOMARON PARTE NO CIRCUITO DEBERÁN VOLTAR A INSCRIBIRSE.
PREMIOS E AGASALLOS
- Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da categoría escolares (4000 m aprox.)
- Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da categoría adultos (4000 m aprox.).
A recollida de dorsais terá como tempo límite 45 minutos antes da saída da proba, podéndose recoller a partir das 16.30 horas. A mesma realizarase na Praza do Obradoiro.
Haberá servicio de duchas no polideportivo municipal de Lorenzo de la Torre (López Ferreiro).