Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

A Pontenova, sábado 08 xuño 2019

II CARREIRA POPULAR VÍA VERDE DO EO (HOMENAXE MANOLO LASTRA “Ventura”)

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
MÁSTER 8 inscritos 17:30 10 km 06/06/2019 5,00 plazas
SENIOR 4 inscritos 17:30 10 km 06/06/2019 5,00 plazas
PROMESAS 2 inscritos 17:30 10 km 06/06/2019 5,00 plazas
Inscribirme Total: 14 inscritos
A Asociación Cultural e Deportiva As minas (A Pontenova) organiza a 2ª CARREIRA POPULAR VÍA VERDE DO EO (HOMENAXE A Manolo Lastra “Ventura”) o vindeiro Sábado 8 de Xuño de 2019 as 17:30h nas proximidades da zona “Pé da Viña”  (PONTENOVA).

A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. 
PERCORRIDO
A SAÍDA será nas proximidades da zona “Pé da Viña”-Antiga Vía do Tren Mineiro que unía A Pontenova con Ribadeo e atravesará os Concellos de Trabada, Santirso e A Pontenova, sempre por pistas e estradas ao carón do rio Eo, atravesaránse 4 túneis da antigua vía do tren, a META situaráse na Praza dos Fornos de A Pontenova.
INSCRICIÓNS: O período de inscripción rematará o XOVES 6 de Xuño ás 23.59h (Estableceráse un límite de participación de 230 atletas).
ENTREGA DE DORSAIS: Os dorsáis retiraranse o día da proba, SÁBADO 8 DE XUÑO na Oficina de Turismo de A Pontenova, dende as 15h ata as 17h. de onde sairán os buses cara a saída da proba.
TROFEOS E PREMIACIÓN:
  • Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira.
  • Trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoria tanto masculina como feminina.                 
  • A entrega de premios será na Praza dos Fornos, aproximadamente, ás 19.00h.
SERVIZOS PARA OS PARTICIPANTES:
1. CAMISETA para todos os participantes.
2. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
3. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
4. SERVIZO DE GARDAROUPA, na Oficina de Turismo dende as 15 ata as 17h.
5. SERVIZO DE AUTOBUSES. A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un servicio de autobuses para trasladar os deportistas dende a zona de meta á saída. O servicio de autobuses sairá dende A Praza dos Fornos de A Pontenova. 
6. Baños, vestiarios e duchas no campo de fútbol de A Mina (a 100m da meta).
7. Avituallamento líquido e sólido ao final da proba para todos os participantes.
8. Avituallamento líquido no km 5.
9. Os participantes na carreira poderán desfrutar dun pequeno CONVITE ao rematar a carreira mentres se realiza a entrega de premiación.
10. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será  para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).

ORGANIZA:
Asociación Cultural e Deportiva As minas (A Pontenova)                               

COLABORAN:
Concello de A Pontenova 
Federación Galega de Atletismo
Xunta de Galicia