Carballo, sábado 09 abril 2016

II CARREIRA POPULAR "DE DOUS EN DOUS"

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
PARELLAS ADULTOS 174 inscritos 21:00 5 km 06/04/2016 0,00 300 plazas
CADETE 18 inscritos 20:30 3 km 06/04/2016 0,00 plazas
INFANTIL 20 inscritos 20:15 2 km 06/04/2016 0,00 plazas
ALEVÍN 32 inscritos 20:05 1 km 06/04/2016 0,00 plazas
BENXAMÍN 42 inscritos 20:05 0,8 km 06/04/2016 0,00 plazas
PITUFOS 66 inscritos 19:45 0,15 km 06/04/2016 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 352 inscritos
O Club Atletismo Carballo, en colaboración co Concello de Carballo  organiza a IIª Carreira Popular por parellas “DE DOUS EN DOUS” que se celebrará o vindeiro 9 de Abril do 2016. Esta proba, terá un carácter solidario á favor dos máis desfavorecidos e será nocturna. Proba oficial da F.G.A.

CIRCUITO: Terá unha distancia aproximada de 5.000 m. non homologada nun circuito urbano de 1.000 m. A saída de tódalas probas estará na rúa Gran Vía á altura da rúa Álvarez de Sotomayor.
INSCRIPCIÓNS: Cerraranse o mércores 6 de abril ás 23:59h e haberá un tope de 300 parellas. 3º.- Serán gratuitas para todas as categorías, coa opción “non obrigatoria e solidaria” de entregar un litro uo Kilo de comida non perecedeira ou productos de hixiene infantil ó recoller o dorsal en beneficio de Cruz Roja e Cáritas.
DORSAIS: A recollida de dorsais farase no primeiro andar do Mercado Municipal de abastos da praza do Concello de Carballo a partir das 16:00 h. do día da carreira.
PREMIOS:
  • Categoría Pitufo: terán medalla tódolos participantes.
  • Categoría Benxamín feminino e masculino: trofeos para os tres primeiros/as  corredores/as e medallas para tódolos participantes.
  • Categoría Alevín feminino e masculino: trofeos para os tres primeiros/as  corredores/as e medallas para tódolos participantes.
  • Categoría Infantil feminino e masculino: trofeos para os tres primeiros/as  corredores/as e medallas para tódolos participantes.
  • Categoría Cadete feminino e masculino: trofeos para os tres primeiros/as  corredores/as.
Por parellas:
  • Trofeos para os tres primeiros equipos masculinos.
  • Trofeos para os tres primeiros equipos femininos.
  • Trofeos para os tres primeiros equipos mixtos.
  • Trofeos para os tres primeiros equipos masculinos, femininos ou mixtos que superen os 100 anos entre os dous.