Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Lugo, domingo 02 decembro 2018

II CARREIRA POPULAR CAMPUS TERRA LEYMA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ADULTOS 79 inscritos 12:00 7,4 km 28/11/2018 5,00 plazas
ESCOLARES 2 2 inscritos 11:50 1,63 km 28/11/2018 0,00 plazas
ESCOLARES 1 5 inscritos 11:40 0,8 km 28/11/2018 0,00 plazas
PROMOCIÓN 18 inscritos 11:35 0,4 km 28/11/2018 0,00 plazas
PITUFOS 13 inscritos 11:30 0,15 km 28/11/2018 0,00 plazas
Inscribirme Total: 117 inscritos
O Servizo de deportes da Universidade de Santiago de Compostela organiza a II Carreira Popular Campus Terra Leyma. As probas terán lugar o próximo domingo día 2 de decembro ás 11:30 horas, con saídas e chegadas no Estadio de atletismo Gregorio Pérez Rivera.

As probas estarán abertas a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba.

Inscricións: Pecharanse o mércores día 28 de novembro ás 23:59 horas. 
Retirada de dorsais: Retiraranse o día anterior á proba no Edificio da Biblioteca Intercentros do Campus Terra de Lugo, dende as 16.00 h. até as 20.00 h;  e só se poderán retirar o mesmo día da proba aqueles que non sexan do Concello de Lugo, na zona habilitada pola organización, até media hora antes da saída de cada proba.
Servizos para os participantes:
  • Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
  • Servizos na zona de saída-chegada.
  • Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
  • Vestiarios e duchas no propio Estadio.
  • Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
  • Avituallamento líquido no km 4 da proba.
Premios: 
  • Todos os participantes recibirán unha camiseta técnica que pregamos leven posta o día da proba.
  • Haberá un trofeo para os tres primeiros de cada categoría e sexo.
  • A entrega de premios será no Estadio Gregorio Pérez Rivera e comezará, aproximadamente ás 13.00h.
  • Haberá unha clasificación individual universitaria con premios para as 3 mellores mulleres e homes, (terán consideración universitaria o alumnado, o PAS e o PDI)