Cee, sábado 27 xuño 2015

II CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CEE. III CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA

PRÓXIMAMENTE

A 2ª Carreira Pedestre Concello de Cee 2015 que terá lugar o sábado 27 de xuño, enmárcase dentro do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte”, onde a ideoloxía non é outra que o fomento da práctica de actividade físico-deportiva como unha ferramenta máis para acadar unha vida máis saudable.
Esta proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e forma parte do “III Circuíto Provincial de Carreiras Populares Deputación Provincial da Coruña 2015”.

Nesta carreira poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos e nenas como adultos (dende os 3 anos).