Este protocolo comunicarase aos/as participantes nos días previos á celebración da II Carreira e III Andaina 5 km pola igualdade do Concello de O Pino.
Información aos participantes da carreira.
A saída realizarase de forma conxunta coa máscara posta.
Para a participación e a entrega do dorsal, será imprescindible amosar o certificado de vacinación COVID ou a aportación do certificado da realización dun test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72h á celebración da proba.
Os atletas na saída deberán permanecer coa máscara posta ata o intre da saída, onde poderán sacala sempre e cando respecten a distancia de seguridade de 1,5 m e sempre seguindo as indicacións da organización ou xuíz de saída
Todos os/as atletas recibirán una máscara ao finalizar a proba na liña de meta.
Información aos participantes da andaina.
A saída farase de forma conxunta coa máscara posta. Os participantes da andaina para recoller o seu dorsal deberán entregar a Declaración Responsable.
A andaina realizarase portando sempre a máscara, no momento que non poidan ser respectados os 1,5 m de separación. Deberá ser colocada tapando a boca e nariz.