Santiago de Compostela, domingo 29 maio 2016

II CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIA POLA ESCLEROSE MÚLTIPLE

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 368 inscritos 12:00 5 km 26/05/2016 5,00 plazas
ESCOLARES 134 inscritos - - 26/05/2016 5,00 plazas
PITUFOS 41 inscritos 12:50 0,15 km 26/05/2016 5,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 543 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ANDAINA 249 inscritos 12:01 2,5 km 26/05/2016 5,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 249 inscritos
A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A.C.E.M.), organiza a “II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple”, o domingo 29 de maio de 2016, na localidade de Santiago de Compostela, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, a través da súa delegación en Santiago de Compostela.

LUGAR DE SAÍDA: A saída e a meta da proba terán lugar no estanque da Residencia Universitaria (Avenida de Antonio Raimundo Ibáñez). O seu percorrido desenvolverase ó longo da Alameda e a Residencia.
INSCRICIÓNS: O prazo de inscrición comeza o día 2 de maio, e rematará o xoves 26 ata as 14:00h (Ampliación do prazo). Non se aceptarán inscricións por teléfono nin inscricións fóra dos prazos indicados.
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
A retirada dos dorsais, poderá realizarse de dous xeitos:
1) De forma anticipada en Decathlon Santiago de Compostela (Rúa de Polonia, 2. Polígono da Costa Vella) nos seguintes horarios:
­ Venres 27 de maio: de 16:00 a 20:00 horas.
­ Sábado 28 de maio: de 11:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
2) O mesmo día da carreira no lugar de saída, dende as 9:45 e ata 30 minutos antes do comezo de cada unha das carreiras e da andaina.
SERVIZOS: Contarase con servizos de ambulancia, médico, vehículos de sinalización e escoba. Contarase tamén con garda-roupa na liña de saida/meta e duchas no Estadio de Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela, no Campus Vida (Sur).
Haberá avituallamento ao final das carreiras e da andaina.
DISTANCIAS E HORARIOS
Pitufos: 150 metros. Saída: 12:50
Escolares A: 500 metros. Saída: 11:00
Escolares B: 2,5 km. Saída: 11:15
Escolares C: 5 km. Saída: 11:15
Absoluta (Sub23-Senior-Veteranos 1 e 2): 5 km. Saída: 12:00
ANDAINA: 2,5 km. Saída: despois da saída da carreira absoluta