Santiago de Compostela, sábado 16 maio 2015

II CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA HOMES 124 inscritos 17:30 8,5 km 13/05/2015 6,00 plazas
ABSOLUTA MULLERES 35 inscritos 17:30 8,5 km 13/05/2015 6,00 plazas
MENORES 140 inscritos 19:30 1,2 km 13/05/2015 0,00 plazas
PITUFOS (2010 E POSTERIORES) 38 inscritos 18:50 0,2 km 13/05/2015 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 337 inscritos
A II CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS quere unir a práctica do atletismo coa Día das Letras Galegas e co simbolismo do Camiño de Santiago.

1. Circuítos e horarios 

-17:30 horas: saída da carreira absoluta (de júnior/promesa a veterano, de 8,5 km) dende a estrada sen tránsito pegada ó aeroporto da Lavacolla a través do Camiño de Santiago ata o Monte do Gozo. 

-Horarios e distancias para as carreiras de menores no circuíto do Monte do Gozo: 
18:50 h - PITUFOS (NENOS E NENAS)  200 m aprox. 
19:00 h - PREBENXAMÍN-BENXAMÍN (NENOS E NENAS)  400 m aprox.
19:10 h - ALEVÍN-INFANTIL NENAS  1200 m aprox.
19:20 h - ALEVÍN-ÍNFANTIL NENOS  1800 m aprox.
19:30 h - CADETE-XUVENIL NENAS  1800 m aprox.
19:45 h - CADETE-XUVENIL NENOS  2400 m aprox.

Haberá control técnico da Federación Galega de Atletismo en todas as categorías.

2. Recollida de dorsais 
No punto de información da planta baixa do Centro Comercial As Cancelas de Santiago (o 15 de maio de 11:00 a 20:00 horas e o 16 de maio de 11:00 a 14:00 horas) e na secretaría da carreira do Monte do Gozo a partir das 16:00 horas.

3. Avituallamentos 
Haberá un punto de avituallamento a metade de carreira e outro na meta con auga, bebidas isotónicas, barriñas de chocolate e froita.

4. Servizos 
Haberá servizo de gardarroupa na saída, servizo de autobuses dende o Monte do Gozo.

OS AUTOBUSES PARTIRÁN DESDE O MONTE DO GOZO CUNHA FRECUENCIA DE 15 MINUTOS A PARTIR DAS 16:00 HORAS EN DIRECCIÓN Á ZONA DE SAÍDA. A DERRADEIRA SAÍDA SERÁ ÁS 17:00 HORAS 

5. Premios e agasallos
  • Todos os participantes recibirán un libro e o diploma Camiño das Letras.
Ademais:
  • Os 3 primeiros clasificados (en mulleres e homes) da proba absoluta recibirán un trofeo deseñado especialmente para a proba e un lote de libros.
  • Os tres primeiros clasificados das categorías de alevín a veterano recibirán un lote de libros.
  • Todos os participantes das categorías pitufo, prebenxamín e benxamín recibirán un libro adaptado á súa idade.
  • O centro escolar e o club que máis alumnos rematen a proba recibirán un trofeo e un lote de libros.