Curtis, domingo 07 xullo 2019

II CARREIRA - ANDAINA SOLIDARIA 11K CONCELLO DE CURTIS

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
11 KM 106 inscritos 10:30 11 km 03/07/2019 5,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 106 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ANDAINA 349 inscritos 10:35 11 km 03/07/2019 3,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 349 inscritos
O Concello de Curtis, a través da súa Concellería de Deportes, en colaboración coa Asociación de Axuda contra o Cancro, organizarán o domingo 7 de xullo de 2019 a partir das 10:30 horas, a II Carreira Solidaria de Axuda contra o Cancro que conectará a localidade de Curtis coa de Teixeiro.
A proba levarase a cabo no Concello de Curtis (A Coruña) e estarán baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago) .

SAIDA E META: A saída da proba será ás 10:30 horas dende a Praza de España na localidade de Teixeiro, e a meta estará ubicada na Rúa Mestre Eduardo Fariña s/n (diante do pavillón polideportivo municipal de Curtis).
INSCRICIÓNS: Data límite o mércores 3 de xullo ás 23:59 horas. 
PREMIOS e AGASALLOS
  • Trofeo aos tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no regulamento da proba.
  • Trofeo o/a primeiro/a clasificado/a local da carreira absoluta.
  • Trofeo ós/ás tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta.
  • Agasallo conmemorativo para todos/as os/as participantes.
RETIRADA DE DORSAIS: Realizarase o día da proba no Pavillón polideportivo de Curtis da localidade de Curtis de  8:30 h a 9:30 h.
SERVIZO DE AUTOBUSES: A organización habilitará un servizo de autobuses que trasladará aos atletas dende o polideportivo municipal de Curtis (Lugar de chegada) ata a Praza de España en Teixeiro (lugar de saída), a partir das 9:30 horas.