Ames, sábado 22 setembro 2018

II CARREIRA - ANDAINA DA FAMILIA 2018 - AXUDA EN FAVOR DE ASANOG

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CARREIRA E ANDAINA ADULTOS 103 inscritos 18:15 3 km 20/09/2018 5,00 plazas
CARREIRA E ANDAINA MENORES 65 inscritos 18:15 3 km 20/09/2018 2,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 168 inscritos
A carreira-andaina da FAMILIA 2018 é un actividade organizada polo Concello de Ames a través da súa Concellería de Deportes. Consistirá nunha carreira e andaina a pé que se celebrará xunto cun programa de actividades no cal tomarán parte asociacións e clubs do Concello de Ames.
A participación será individual ou en familias monoparentais ou de máis integrantes, compostos por avós/aboas ou pai/nai e fillos/as.

Toda a recadación do día irá íntegramente destinada a causa solidaria - ASANOG, “Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia”, unha asociación sen ánimo de lucro que nace en 2012 para contribuir no ámbito da nosa comunidade a mellorar o estado dos nenos oncolóxicos e as súas familias. 

O evento tamén terá actividades paralelas de ocio que se levarán a cabo na rúa do Buxo, (aparcamento da Travesía do Porto) a carón do Centro Comercal NOVO MILLADOIRO. A participación estará aberta a todo o mundo e este ano para animar a mais familias tamén poderase participar cunha andaina con participantes de calquera idade. Os participantes menores de 10 anos deberán ir obrigatoriamente acompañados dun adulto. 

INSCRICIÓNS: ata o xoves 20 de setembro ás 23:59 horas.