O Concello de Trazo, dentro do VIII Circuíto de Carreiras e baixo a o control da Federación Galega de Atletismo, celebra o I Trillazo.
LUGAR DAS SAÍDAS E CHEGADAS: Nas inmediacións do Pavillón Municipal do Concello de Trazo en Viaño Pequeno
(Aquí) INSCRICIÓNS: A data límite de inscrición será o venres 16 de Setembro de 2022 ás 12:00h. As inscricións na proba serán gratuítas para todas as categorías, federados/as e non federados/as. Non hai límite de participantes.
AVITUALLAMENTO Ó FINAL DAS PROBAS E SERVIZO DE DUCHAS:
- Ó fin de cada proba proporcionarase @s deportistas unha bolsa con bebida, froita...
- Ó carón da saída e chegada haberá servizo de duchas no Pavillón Municipal do Concello de Trazo.
PREMIOS: Recibirán medallas os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas de cada carreira por categorías. Na carreira de sub6 e sub8 levarán medalla tod@s @s participantes.
A entrega dos premios levarase a cabo ó fin de todas as probas.