O Pino, domingo 03 abril 2022

I TRAIL COMARCA DO ULLA - TAMBRE

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
TRAIL 19KM 111 inscritos 10:00 20 km 30/03/2022 12,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 111 inscritos

A sociedade deportiva Tambre-Compostela-Lenguelle organizará o domingo 3 de abril de 2022 a I edición do Trail Comarca do Ulla - Tambre.  A proba estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.



Recollida de dorsais: Os dorsais para o Trail poderán recollerse no mesmo día a partir das 08:30 horas no lugar de meta (Cruceiro de Arca - O Pino).

Para a participación e a entrega do dorsal, será imprescindible amosar o certificado de vacinación COVID ou a aportación do certificado da
realización dun test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72 h á celebración da proba ou ben a aportación de certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19 nun período comprendido entre os 11 e os 180 días anteriores a celebración da proba. Calquera dunha destas tres condicións deberá ser amosada á organización no momento da recollida do dorsal. Se os protocolos son modificados na data do Trail, aplicarase a normativa vixente nese intre.

Transporte en autobús ao punto da saída do trail: Para poder participar no Trail, trasladarase aos participantes desde o punto de meta (Cruceiro de Arca O Pedrouzo – Avenida da Igrexa - O Pedrouzo (O Pino)), ao punto de saída das probas (Área Recreativa de Brandelos - Touro).